Un arrepiante suceso acontecido durante a ii guerra mundial en vigo cidade daquela ateigada de espĂas nazis e aliados ten dramĂĄticas consecuencias setenta anos despois, cando o rico nonaxenario eliseo sandamil bentraces teme ser vĂtima dunha vinganza e contrata o detective nivardo castro, que actĂșa, coma outras veces, acompañado polo xornalista carlos conde. a novela acolle personaxes reais e imaxinarios e desenvolve unha densa intriga internacional, que comeza en galicia co trĂĄfico de volframio e o aprovisionamento de submarinos alemĂĄns co porto de vigo convertido nunha vĂa de escape de xudeus e de nazis , e que termina no ano 2013 na arxentina patagĂłnica. a vinganza do defunto, quinta entrega da serie de novelas iniciada por crime en compostela e protagonizadas polo detective nivardo castro, Ă© unha impactante, orixinal e profunda viaxe ao corazĂłn do mĂĄis grande drama bĂ©lico do sĂ©culo xx e as sĂșas demoradas consecuencias.
